Wednesday 15 de May de 2024

As deputadas Paula Quinteiro e Marcos Cal acompañarán ao Alcalde da Pobra e á membro do Consello das Mareas, Sara Outeiral, na súa visita ao Barbanza.


O encontro, fixado para o vindeiro luns 8, ten coma obxectivo testar, por unha banda, as problemáticas da zona dende unha perspectiva de xénero e coñecer, por outra, o estado das comunidades de montes da Pobra do Caramiñal

A Pobra do Caramiñal, 5 de Maio de 2017 – Paula Quinteiro e Marcos Cal, deputadas de En Marea no Parlamento Galego e responsables de igualdade – ambos – e de igualdade e medio rural – a primeira – estarán este vindeiro luns día 8 de Maio no Barbanza para profundaren en dúas temáticas da súa competencia.
A primeira delas, relativa á situación da comarca dende unha perspectiva de xénero, será tratada pola vía dunha xuntanza ás 16:30h e no Ateneo Valle-Inclán co colectivo feminista “Mulleres en Acción”, onde estarán acompañadas pola representante do Barbanza no Consello das Mareas, a pobrense Sara Outeiral, participante activa, ademais, do Grupo de Traballo Feminista de En Marea.
A segunda, e que ten por obxecto analizar o estado das comunidades de montes do Concello da Pobra, será canalizada dende unha reunión co Presidente C.M.V.M. Barbanza de Lesón, Carlos Sieira Noceda (18:30h), e cunha posterior visita por algunhas das, a este respecto, máis representativas zonas. Nas mesmas, o citado Presidente estará acompañado do Alcalde pobrense, Xosé Lois Piñeiro, e da membro do antedito órgano de dirección de En Marea, Sara Outeiral.